Os instrumentos de vento.
Neste curso, xa coñecemos moitos instrumentos de corda e de percusión, pero fáltanos outra familia: os instrumentos de vento.
A través do seguinte vídeo, podemos escoitar unha canción onde nos presenta como soan algún deses instrumentos. Anímovos a que a cantedes e intentedes imitar o son de cada instrumento.
Na canción anterior, preséntannos só algúns deses instrumentos, pero hai moitos máis! Imos coñecer como son e como soan a través do seguinte vídeo.
A continuación, faremos a seguinte ficha, onde traballaremos sobre eses instrumentos.
Para rematar, déixovos o enlace a un crebacabezas interactivo sobre os instrumentos de vento, e a unha páxina web para repasar as notas mi, sol e la, que traballamos anteriormente.

Ningún comentario:
Publicar un comentario