Seguimos traballando coa música, a través da seguinte canción, sobre os oficios, que temos no noso libro. Para iso, preme no seguinte vídeo, onde poderás escoitar a canción ó mesmo tempo que segues a letra. A cantar!
Unha vez saibas a letra da canción, acompaña a mesma con percusión corporal, como temos feito na clase. Na esquina do vídeo, ven un pequeno esquema rítmico, para acompañala (3 negras e un silencio).
A continuación faremos a seguinte ficha de repaso de instrumentos, figuras musicais e intensidade da música. E para rematar o seguinte crebacabezas sobre a canción que escoitamos.
Achego ademais o enlace a unha canción sobre os oficios e a unha páxina web, onde se atopan diferentes xogos online sobre recoñecemento de sons e de conceptos musicais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario