Son un cantante
Seguimos traballando un pouquiño máis, agora coas voces. Para iso, preséntovos a seguinte canción que se titula "Son un cantante", e da que tamén vos deixo o seguinte arquivo coa letra para que poidades cantar.
Despois de escoitala, decatámonos de que do que nos está a falar é das diferentes agrupacións que se poden formar segundo o número de voces. No seguinte vídeo, podedes ver un pouco máis sobre iso.
Para rematar, realizaremos a seguinte ficha relacionada coas agrupacións vocais e os instrumentos que traballamos anteriormente.
Déixovos ademais, un vídeo co que practicar diferentes ritmos e un xogo online para traballar as notas musicais.
Ningún comentario:
Publicar un comentario