Existen tantas voces como habitantes no mundo.

Se queredes, podemos compartila cos vosos compañeiros, ou senón, vémolas todos xuntos, cando volvamos ás clases. Xa sabedes como comunicarvos comigo, se tedes algunha dúbida.
Ademais diso, imos a realizar o exercicio 3 do apartado 1 do libro dixital, onde tedes que recoñecer que instrumento soa en cada caso: monódico ou polifónico. E tamén o avalíate, no apartado 7 (todos os exercicios agás o 1,5 e 10) Se tedes algunha dúbida á hora de realizar os exercicios, relede os diferentes apartados.
Déixovos ademais un vídeo no que podedes practicar diferentes ritmos, e uns exercicios online para practicar os compases de 3/4 e 4/4 e seleccionar o fragmento que soa.
Para acceder a eses exercicios, premede nas imaxes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario