xoves, 14 de maio de 2020

3º e 4º de primaria

Letras Galegas 2020
Este domingo, 17 de maio, celébrase en Galicia o día das Letras Galegas. Nesta celebración, homenaxease ás persoas que destacaron pola súa creación literaria na defensa da lingua galega.
Este ano, adícaselle a 
Ricardo Carvalho Calero 
Unha das súas obras é "As pitas baixo a choiva" que podes ler, premendo no seguinte enlace:
Neste vídeo que che presento a continuación, podes escoitar a canción "Alborada das pitas" relacionada co conto anterior. Escoita mentres segues a letra para podela cantar despois!

Aproveitamos esta ocasión, para coñecer máis sobre a música galega.
Nos seguintes vídeos poderás diferenciar a música galega doutras músicas do mundo, así como algún dos instrumentos tradicionais galegos. Podes recoñecelos?
 

A continuación, imos acompañar con palmas e bailar a canción galega "Alborada galega - Muiñeira de Chantada" 
O vídeo consta de dúas partes:
1. Alborada galega: Debemos ir acompañando con palmas o ritmo que nos marca no vídeo (é un ritmo sinxelo de      negras e corcheas)
2. Muiñeira de chantada: Bailamos libremente ó ritmo da música!

 Para rematar, faremos unha ficha de repaso de contidos musicais. Preme no teu curso, para descargala!
https://drive.google.com/file/d/1HJe_WdONtV7ReDz6dHtBpWKa_wajne8q/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/1PDTUgFf-ktBQvgvNgMdQc0mj4pLZ3Pxz/view?usp=sharing

Ningún comentario:

Publicar un comentario