Despois de todos estes meses, chegou a hora de despedirnos!
Remata o curso e dentro duns días comezará o verán.
Foi este un ano no que nos tocou vivir momentos de tensión e grande responsabilidade, pero tamén nos axudou a valorar o realmente importante e seguir aprendendo.
Dende a materia de música, darvos a noraboa por superar con éxito esta etapa e agradecervos a vosa implicación e participación nas actividades.
Só me queda desexarvos unhas boas vacacións e un verán relaxado e feliz!
Déixovos, para rematar, xogos de ritmos e algún baile.
Unha aperta moi forte!!
Xogos de ritmo con percusión corporal ou obxectos:
O noso corpo e a roupa que levamos teñen diferentes sonoridades,
polo que se sabemos combinar correctamente os distintos sons que
producimos, poderemos facer ritmos moi interesantes.
A seguinte actividade que propoño, consiste en realizar un acompañamento con percusión corporal.
Déixovos diferentes cancións para que provedes e elixades a que máis vos guste:
- Dúas versión da canción "Dance Monkey" de Tones and I.
- "Uptown funk" de Mark Ronson e Bruno Mars.
- "We will rock you" de Queen.
Elixe unha delas, practica o ritmo, grávate e envíame o vídeo!
A seguinte actividade que propoño, e xa case rematando o curso, consiste en acompañar unha canción con percusión corporal.
A percusión corporal consiste en combinar diferentes sons que producimos ao golpear algunha parte do noso corpo xa que, tanto o noso corpo como a roupa que levamos, teñen diferentes sonoridades.
Por
aquí vos deixo algunha canción, na que se explica previamente o acompañamento
que hai que realizar.
Neste primeiro vídeo, realizase un acompañamento de percusión corporal á canción "Uptown funk". É un ritmo de negras, corcheas e silencios de negra nos que se van combinando palmadas, golpes nas pernas, nos pés e no peito.
Este outro, corresponde á canción "Quiero ser como tu" da banda sonora de "El libro de la selva". As figuras musicais que se utilizan son as mesmas que no vídeo anterior, igual que os niveis de percusión corporal.
E por último, o "Rap de las cualidades del sonido". Nesta canción combinase percusión corporal con letra (débese repetir o que vai dicindo) e ao mesmo tempo estaremos repasando as cualidades do son que traballamos durante o curso.
Podedes elixir unha delas, e de forma voluntaria,
anímovos a que gravedes aos nenos realizando estes acompañamentos e os
enviedes ao correo electrónico musicafriol@gmail.com.
Intentade facelo, xa sabedes que o principal é pasalo ben e desfrutar coa música!
Déixovos ademais algunha ficha para seguir repasando contidos musicais. Para descargala, preme no teu curso.
A seguinte actividade que propoño, e xa case a puntiño de rematar o curso, consiste en acompañar unha canción con percusión corporal.
Xa en algunha ocasión fixemos na clase algún acompañamento deste tipo.
Por aquí vos deixo dúas canción, nas que ven explicado o acompañamento que hai que realizar.
Esta primeira canción, consiste nun xogo de ritmo, onde se combinan palmas, golpes na mesa ou nos xeonllos e pitos. A canción empeza cun ritmo normal, pero despois vai máis rápido.
A seguinte canción é un pouquiño máis complicada xa que inclúe máis elementos de percusión corporal (que se explican ao principio do vídeo) pero a súa velocidade é lenta.
Podedes elixir unha delas, e de forma voluntaria,
anímovos a que gravedes aos nenos realizando estes acompañamentos e os
enviedes ao correo electrónico musicafriol@gmail.com
Intentade facelo, xa sabedes que o principal é pasalo ben e desfrutar coa música!
Déixovos ademais algunha ficha para seguir repasando contidos musicais. Para descargala, preme no teu curso.
Ao longo deste ano 2020, celébrase o 250 aniversario do nacemento de Ludwig van Beethoven, un gran compositor, pianista e director de orquestra.
Podes coñecer máis da súa vida así como escoitar algunhas das súas obras máis importantes nos seguintes vídeos. Preme nas imaxes para acceder aos vídeos!
Agora, imos a desfrutar con algunhas das obras deste compositor, nos debuxos animados.
Seguimos traballando un pouquiño máis con Beethoven, e para iso, imos acompañar o "Himno de la alegría", unha das súas obras máis coñecidas con percusión corporal. Trátase dun ritmo sinxelo de negras, corcheas e brancas onde se combinan palmadas, golpes nas pernas e chasquidos.
Para rematar, preme no teu curso para descargar as actividades.