xoves, 4 de xuño de 2020

1º e 2º de primaria

PERCUSIÓN CORPORAL
A seguinte actividade que propoño, e xa case a puntiño de rematar o curso, consiste en acompañar unha canción con percusión corporal.
Xa en algunha ocasión fixemos na clase algún acompañamento deste tipo.
Por aquí vos deixo dúas canción, nas que ven explicado o acompañamento que hai que realizar.
Esta primeira canción, consiste nun xogo de ritmo, onde se combinan palmas, golpes na mesa ou nos xeonllos e pitos. A canción empeza cun ritmo normal, pero despois vai máis rápido.

A seguinte canción é un pouquiño máis complicada xa que inclúe máis elementos de percusión corporal (que se explican ao principio do vídeo) pero a súa velocidade é lenta.


Podedes elixir unha delas, e de forma voluntaria, anímovos a que gravedes aos nenos realizando estes acompañamentos e os enviedes ao correo electrónico musicafriol@gmail.com
Intentade facelo, xa sabedes que o principal é pasalo ben e desfrutar coa música!
Déixovos ademais algunha ficha para seguir repasando contidos musicais. Para descargala, preme no teu curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario