xoves, 4 de xuño de 2020

3º e 4º de primaria

PERCUSIÓN CORPORAL
A seguinte actividade que propoño, e xa case rematando o curso, consiste en acompañar unha canción con percusión corporal.
A percusión corporal consiste en combinar diferentes sons que producimos ao golpear algunha parte do noso corpo xa que, tanto o noso corpo como a roupa que levamos, teñen diferentes sonoridades.

Por aquí vos deixo algunha canción, na que se explica previamente o acompañamento que hai que realizar.

Neste primeiro vídeo, realizase un acompañamento de percusión corporal á canción "Uptown funk". É un ritmo de negras, corcheas e silencios de negra nos que se van combinando palmadas, golpes nas pernas, nos pés e no peito.

Este outro, corresponde á canción "Quiero ser como tu" da banda sonora de "El libro de la selva". As figuras musicais que se utilizan son as mesmas que no vídeo anterior, igual que os niveis de percusión corporal.

E por último, o "Rap de las cualidades del sonido". Nesta canción combinase percusión corporal con letra (débese repetir o que vai dicindo) e ao mesmo tempo estaremos repasando as cualidades do son que traballamos durante o curso.

Podedes elixir unha delas, e de forma voluntaria, anímovos a que gravedes aos nenos realizando estes acompañamentos e os enviedes ao correo electrónico musicafriol@gmail.com.
Intentade facelo, xa sabedes que o principal é pasalo ben e desfrutar coa música!
Déixovos ademais algunha ficha para seguir repasando contidos musicais. Para descargala, preme no teu curso.

Ningún comentario:

Publicar un comentario