mércores, 18 de marzo de 2020

1º de primaria

A negra e o seu silencio
    Coñecemos as figuras musicais, neste caso a negra e o seu silencio.


    Para iso escoitaremos esta canción: "A negra e o seu silencio" mentres vemos a letra a través do seguinte arquivo (non é necesario imprimilo, utilizarémolo para ver a letra da canción e que a poidan seguir mentres soa, así como para realizar de maneira oral os exercicios que aparecen).

     Unha vez aprendamos a canción, realizaremos a seguinte ficha. Consiste en completar unhas series de negras e silencios, para practicar a súa escritura e unha sopa de letras onde debemos buscar o nome de conceptos musicais que traballamos durante este curso.

     Ademais, adxunto o enlace a unha páxina web para practicar a escritura da clave de sol.

      Para repasar o nome das notas, escoitaremos a canción "Do', re, mi" que xa traballamos na clase, e faremos o seguinte crebacabezas interactivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario