As notas musicais.
Comezamos facendo un repaso da notas que xa coñecemos. Para iso escoitamos as cancións "Son a nota SOL" e "Son a nota mi", que xa traballamos durante este curso. Neste arquivo, podedes atopar a letra das cancións por se non vos lembrades ben.
Unha vez repasadas as notas anteriores, comezamos a traballar con unha nota nova. A NOTA LA: nota que se coloca no segundo espazo do pentagrama.
Cantamos a canción sobre a nota la: A nota cantareira, e para traballar a súa colocación no pentagrama, realizamos a seguinte ficha. Nela aparece a letra da canción, para ler e poder seguir mentras cantamos; unhas actividades sobre as notas que xa coñecemos: SOL, MI e LA ; e un exercicio de repaso dos instrumentos de corda e percusión.
No seguinte enlace, atópase unha actividade interactiva sobre os instrumentos musicais. Debemos traballar soamente cos instrumentos de percusión e de corda. Tamén podemos realizar un crebacabezas interactivo sobre os instrumentos de corda e de percusión.
Ningún comentario:
Publicar un comentario