Audición: A mañá
A primeira actividade consiste en escoitar coa imaxinación.
Escoita a audición de "A mañá" e debuxa o que che suxire a música. O debuxo pódelo facer nun folio en branco ou na seguinte ficha.
Lembramos a audición, coa que xa traballamos na clase e que acompañamos con diferentes instrumentos de percusión. Para iso, no seguinte arquivo podemos ler un breve texto sobre o compositor e visualizamos o musicograma ó cal tamén podemos acceder dende o seguinte enlace.
Para rematar, vemos un vídeo onde podemos ler un anaco da historia de Peer Gynt.
A continuación realizaremos unha ficha de repaso de conceptos musicais que traballamos durante o curso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario