venres, 20 de marzo de 2020

4º de primaria

A sinfonía do novo mundo.
    Repasamos coa frauta, a canción que tocamos na clase "Sinfonía do novo mundo" para non esquecer as notas que xa temos aprendidas e á volta continuar cunha nova, como estabamos a facer. Achego ademais un vídeo sobre a canción, para que a poidades tocar con acompañamento.

    Coñecemos algo máis, sobre como era a música hai centos de anos. Para iso, vemos o seguinte video e realizamos esta ficha.

    Para rematar, repasamos os conceptos musicais que aprendimos durante o curso, mediante a seguinte ficha.

Ningún comentario:

Publicar un comentario