A seguinte actividade que propoño, consiste en ver o seguinte vídeo, no que soa a "Marcha" de El Cascanueces. Fixádevos no musicograma e acompañade con palmas, seguindo o pulso da música e atendendo o instrumento que está soando.
A continuación déixovos a seguinte ficha. No exercicio 2, coñeceredes as características dalgúns instrumentos. Achégovos un vídeo, para que ademais, descubrades como soan.
A "Marcha" que escoitamos antes, pertence a "El Cascanueces". Preme na imaxe para ver un vídeo-conto no que coñecerás a historia.
"El Cascanueces" é un ballet, unha danza clásica onde os bailaríns, enriba do escenario, representan unha historia. No seguinte vídeo, podedes ver un anaco do ballet, chamado "Danza del hada del azúcar"
Déixovos ademais unhas fichas interactivas de repaso. Preme no teu curso para acceder a ficha. Despois de facela, premedes en terminado! e enviadesme as respostas a musicafriol@gmail.com
Ningún comentario:
Publicar un comentario