Coñecedes a fábula da cigarra e da formiga? Na seguinte ligazón, podedes acceder a unha presentación, onde coñeceredes o que son as fábulas e na que podedes ler e ver un vídeo sobre unha delas "A cigarra e a formiga".
A continuación, preséntovos un vídeo no que se fai, a través da música, unha adaptación da fábula anterior, na que a cigarra e as formigas chegan a un acordo. Aprendemos, polo tanto, que cada traballo ten a súa importancia e a colaboración é mellor que a competición... Escoitade a música, o mesmo tempo que ides lendo o texto que aparece.
Para rematar, déixovos a seguinte ficha de repaso de contidos musicais e instrumentos.
Déixovos ademais un vídeo para practicar coa frauta:
3º de primaria: notas si e la.
4º de primaria: notas si, la e sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario