Ao longo do século XX foron aparecendo novas formas musicais que revolucionaron a forma clásica de entender a música e de empregala. Estes novos estilos xunto coa posibilidade de gravar e reproducir a música conseguiron facela popular, levándoa a salas de concertos, estadios, rúas e aos propios fogares.
No seguinte esquema podes ver os estilos que ao longo do tempo perduraron como principais ou orixinais e dos que pouco a pouco se foron creando novas derivacións e combinacións. (Preme na imaxe para acceder á presentación. Ao lado de cada estilo musical, preme no botón, para escoitar un músico ou banda musical representativa dese estilo).
A tarefa que ides a realizar esta semana, é de investigación sobre os estilos musicais anteriores. Para iso, debedes buscar a información necesaria na internet.
Elixe un dos estilos musicais anteriores, busca información sobre el e apunta:
- En que década apareceu?
- En que parte do mundo naceu?
- Cales eran os instrumentos principais que se tocaban nel?
- Que outras músicas derivaron deste estilo (subxéneros)?
- Cinco nomes de artistas ou bandas destacadas nese estilo.
Para expoñer a información deberás facelo mediante unha presentación de powert point, respondendo ás preguntas anteriores, publicando imaxes dos artistas máis destacados e un vídeo da canción máis coñecida de cada banda ou artista.
Ningún comentario:
Publicar un comentario