xoves, 7 de maio de 2020

1º e 2º de primaria

A natureza soa!
Escoita o seguinte conto e imita os sons de cada personaxe.


Algúns músicos inspiráronse nos sons da natureza para compoñer as súas obras.
Por exemplo, Antonio Vivaldi, que viviu hai moitos anos, dedicou unha peza musical a cada unha das catro estacións. Queres escoitalas? Aquí che deixo un anaquiño de cada unha delas e un conto.







Seguimos traballando, e para iso, aquí che deixo un debuxo para que colorees a Vivaldi e unha ficha na que debes debuxar cada unha das catro estacións do ano.

Agora imos acompañar con percusión corporal, unha das pezas que escoitamos antes "A primavera". No seguinte vídeo, explícache como debes facer!


 
 Para rematar, aquí vos deixo unhas fichas de repaso de contidos musicais. 
https://drive.google.com/file/d/1S1ojkKwuthMMhYEP0x0NX6Wv3Stjd-sd/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/1vynhPLjCkc32EDIWANymCxIm3dEEMaBP/view?usp=sharing

Ningún comentario:

Publicar un comentario