xoves, 7 de maio de 2020

3º e 4º de primaria

Seguimos traballando un pouquiño máis coa música. Neste caso, imos a coñecer a un compositor:  
Wolfgang Amadeus Mozart.

https://drive.google.com/file/d/1JBu_5bPPUVdrosvq5KurdRt2X8RU8wMF/view?usp=sharing
Preme na imaxe anterior, e poderás ver un vídeo a través do cal, coñecerás aspectos da vida de este gran compositor.
Nos seguintes arquivos, poderás facer o teu propio libriño, sobre Mozart. Debes ir lendo a historia, e pegando as imaxes onde correspondan.
       -  Libro        -  Imaxes
Seguimos coñecendo a este compositor, a través dunha das súas obras. Neste vídeo podes acompañar a "Marcha turca" seguindo os ritmos que se van mostrando.



Podemos acompañalo tamén con percusión corporal. Fíxate na explicación.



Escoita coa imaxinación. A seguinte actividade consiste en escoitar a canción de Mozart que propoño e que debuxes o que che transmite. Non ten porque ser nada realista, podes facer o que ti queiras empregando diferentes cores, formas... Colle un folio en branco e a escoitar!
Espero ver a túa creación 🎨


 

Para rematar, faremos unha ficha interactiva sobre elementos da linguaxe musical. Cando remates, preme en Terminado! e envía as respostas ao correo electrónico musicafriol@gmail.com


https://www.liveworksheets.com/ch159413ol

Ningún comentario:

Publicar un comentario