Este é o caso dos ritmos feitos con vasos ou co propio corpo que vimos na clase, e que tedes no libro dixital, lembrádesvos?
A seguinte actividade que vos propoño consiste en acompañar unha canción con un obxecto que todos vos tedes: un boli!
E cal é a canción? I want to break free de Queen, unha banda británica de rock.
Aquí vos deixo un vídeo para seguir o ritmo. Trátase dun ritmo sinxelo de negras e corcheas, no que varían as posicións do boli ao golpear na mesa.
Dende que o practiquedes varias veces, debedes gravarvos e enviarme o vídeo.
Xa sabedes, o importante é intentalo!
hola
ResponderEliminar