xoves, 21 de maio de 2020

3º e 4º de primaria

O jazz
O jazz é un xénero musical nacido a finais do século XIX en Estados Unidos e que se foi estendendo polo resto do mundo durante o século XX.
Soe estar interpretado por formacións instrumentais, nas que destaca un  solista, que soe improvisar co seu instrumento.
O jazz, soa en moitos fragmentos de películas. Aquí che deixo algún exemplo para que escoites. (Preme nas imaxes)
https://www.youtube.com/watch?v=-o-H_TnCTtshttps://www.youtube.com/watch?v=ttlecah_IFshttps://www.youtube.com/watch?v=hDKDKQF3OvA


Nina Simone e Louis Armstrong son dúas das estrelas máis coñecidas do jazz. Escoita unha canción de cada un deles.

https://www.youtube.com/watch?v=fMqerz3X-v8
https://www.youtube.com/watch?v=zJjvtNWV990 


Seguimos traballando un pouquiño máis sobre o jazz. Para iso, acompaña con culleres a seguinte canción "Jazz Pizzicato". Presta atención, ao principio do vídeo explícache como debes facelo.
E para rematar, preme no teu curso para descargar as actividades!
https://drive.google.com/file/d/1-F9rldoWH34PczfuUgUaKuiysLeR5h_q/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/1pcrTgr6RgMtw3L6JwIZkSpfJcm09Tl0R/view?usp=sharing


Ningún comentario:

Publicar un comentario