xoves, 21 de maio de 2020

5º e 6º de primaria

A MÚSICA DA MIÑA FAMILIA.
A seguinte actividade que vos propoño, consiste en coñecer e valorar os gustos musicais da vosa familia.
Con esta actividade coñeceremos estilos musicais de diferentes xeracións e ao mesmo tempo desfrutaremos entrevistando aos nosos pais, avós, bisavós, irmáns, tíos, curmáns... sobre a música que lles gustaba cando eran máis novos.
Para facer esta tarefa, debedes seguir as seguintes instrucións:
🎵 Entrevistar aos membros da vosa familia máis próximos, ou aos que vós queirades..  Debedes preguntar sobre a súa música favorita cando eran novos. Ademais, debes engadir a túa canción favorita!
🎵 Deberán responder un cantante/grupo musical e unha canción.
🎵 Anotades a información e buscades a canción en Youtube.

📝 Para presentar o traballo, déixovos un modelo, por si o queredes imprimir e senón, podedes facer unha presentación no ordenador ou escribilo vós mesmos nun folio. (Para descargar o modelo, preme na palabra de cor rosa)
A información que debe conter o traballo é a seguinte:
    -  Nome da persoa entrevistada.
    -  Parentesco.
    -  Cantante/ grupo musical.
    -  Canción
    -  Estilo musical
    -  A túa opinión sobre a canción

Ningún comentario:

Publicar un comentario